ADECUACIÓN E RIQUEZA LÉXICA | Presenta un discurso adecuado á situación formal requirida, mostrando un moi bo manexo dos rexistros. Evítanse trazos espontáneos propios da oralidade non planificada, tamén evita un estilo afectado, así como expresións previsibles; comunicando con total claridade. Responde ao xénero discursivo solicitado, servíndose dun léxico rico e preciso, evitando palabras comodín, repeticións e termos vacíos propios da orixinalidade gratuíta. (2) (2) | Presenta un discurso adecuado á situación formal requirida, mostrando bo manexo dos rexistros. Evítanse trazos espontáneos propios da oralidade non planificada, así como expresións previsibles; comunicando con claridade. Responde ao xénero discursivo solicitado, servíndose dun léxico preciso, evitando palabras comodín, repeticións e termos vacíos propios da orixinalidade gratuíta. (1.5) (1.5) | Presenta un discurso adecuado á situación formal requirida. Evítanse trazos espontáneos, así como expresións previsibles; comunicando con claridade. Responde ao xénero discursivo solicitado, evitando palabras comodín, repeticións. (1.25) (1.25) | Cóstalle manter o rexistro formal solicitado. Sérvese de trazos espontáneos, de palabras comodín e en ocasións o seu discurso non é claro. Evidencia dificultades para responder ao xénero discursivo solicitado. (1) (1) | Case non intervén ou cando o fai non evidencia a distinción entre rexistros e/ou non se adecúa ao xénero discursivo solicitado. (0.5) (0.5) |
---|
CONSTRUCIÓN. COHERENCIA E COHESIÓN | Evidencia creatividade e destreza expresiva, que asenta nunha moi boa comprensión previa. Organiza a información de forma clara, seguindo unha orde lóxica e servíndose de recursos cohesivos tanto gramaticais como léxicos, evitando repeticións e usando conectores variados. A información organízase de maneira que permite a progresión informativa e a continuidade temática, respectándose a estrutura solicitada. Sérvese de recursos non verbais que complementan moi ben a mensaxe oral. (2) (2) | Evidencia destreza expresiva, que asenta nunha boa comprensión previa. Organiza a información de forma clara, seguindo unha orde lóxica e servíndose de recursos cohesivos, evitando repeticións e usando conectores variados. A información organízase de maneira que permite a progresión informativa e a continuidade temática, respectándose a estrutura solicitada. Sérvese de recursos non verbais. (1.5) (1.5) | Evidencia unha boa comprensión previa. Organiza a información de forma clara, seguindo unha orde lóxica e servíndose de recursos cohesivos, evitando repeticións. A información organízase de maneira que permite a progresión informativa, respectándose a estrutura solicitada. Sérvese de recursos non verbais. (1.25) (1.25) | Cóstalle evidenciar a comprensión previa. A organización da información non é clara e utiliza de xeito repetitivo os marcadores discursivos máis comúns. Cóstalle acompañar o seu discurso de recursos non verbais. (1) (1) | Non evidencia comprensión previa e/ou non logra organizar o seu discurso e sérvese dun único elemento de cohesión. (0.5) (0.5) |
---|
INFORMACIÓN | Responde ao solicitado achegando non só a información necesaria senón tamén información pertinente e mesmo ideas innovadoras, mostrando creatividade e un estilo orixinal. (3) | Intervén achegando non só a información necesaria senón tamén información pertinente e algunha idea innovadora. (2.5) | Intervén achegando non só a información necesaria senón tamén información pertinente. (2) | Intervén achegando a información necesaria. (1.5) | Cóstalle achegar a información necesaria. (0.75) |
---|
CORRECCIÓN | Nunca comete erros gramaticais nin de pronuncia nas súas intervencións e evita sempre os desvíos normativos. Pronuncia correctamente todos os fonemas galegos, especialmente os máis característicos da súa variedade xeográfica. (1) | Non comete erros gramaticais nas súas intervencións pero si 1-2 desvíos normativos. Pronuncia correctamente, mais non reflicte a súa variedade xeográfica. (0.8) | Non comete erros gramaticais nas súas intervencións pero si 3-4 desvíos normativos. Pronuncia correctamente, mais non reflicte a súa variedade xeográfica. (0.6) | Comete algún erro gramatical nas súas intervencións e/ou 5 desvíos normativos. Pronuncia correctamente, mais non reflicte a súa variedade xeográfica. (0.5) | Comete erros gramaticais nas súas intervencións e/ou máis de 5 desvíos normativos. Cóstalle pronunciar algúns fonemas e/ou non reflicte a súa variedade xeográfica. (0.25) |
---|
SABER ESTAR | Iníciase a intervención oral saudando a audiencia, presentándose de forma adecuada e indicando o tema de maneira clara e concisa. Manteñen unha postura adecuada durante toda a intervención, apoiándose nalgún recurso en calquera tipo de soporte e dirixíndose ás compañeiras e compañeiros. Distribúense adecuadamente as intervencións, se ben todos os membros do grupo teñen preparada a intervención completa. Despídense de forma adecuada, dando paso á audiencia para que faga preguntas. Utilizan todo o tempo destinado á exposición. (15 minutos) (2) | Iníciase a intervención oral saudando a audiencia, presentándose de forma adecuada e indicando o tema de maneira clara. Manteñen unha postura adecuada durante toda a intervención, apoiándose no material achegado e dirixíndose ás compañeiras e compañeiros. Distribúense adecuadamente as intervencións, se ben todos os membros do grupo teñen preparada case toda a intervención. Despídense de forma adecuada, dando paso á audiencia para que faga preguntas. Utilizan menos tempo do destinado á exposición. (13 minutos) (1.5) | Iníciase a intervención oral saudando a audiencia, presentándose de forma adecuada e indicando o tema de maneira clara. Manteñen unha postura adecuada dirixíndose ás compañeiras e compañeiros. Distribúense adecuadamente as intervencións, se ben non todos os membros do grupo teñen preparada toda a intervención e de cando en vez algún dos membros le do guión. Despídense de forma adecuada, dando paso á audiencia para que faga preguntas. Utilizan menos tempo do destinado á exposición. (11 minutos) (1.25) | Iníciase a intervención oral saudando a audiencia, presentándose de forma adecuada e indicando o tema. Manteñen unha postura adecuada, pero tenden a ler do material achegado ou do guión. Distribúense irregularmente as intervencións e non todos os membros do grupo teñen preparados os contidos. Despídense de forma adecuada, dando paso á audiencia para que faga preguntas. Utilizan menos tempo do destinado á exposición. (9 minutos) (1) | Iníciase a intervención oral saudando a audiencia, presentándose ou indicando o tema. Len nos recursos achegados e no guión. A distribución das intervencións non é adecuada ou resulta descompensada. Os membros do grupo teñen preparados os contidos de xeito moi diferente. Despídense ou non dan paso á audiencia para que faga preguntas. Utilizan moito menos tempo do destinado á exposición. (menos de 9 minutos) (0.5) |
---|